27 de abr. de 2015

Encarna Otero falounos de Castelao


A profesora Encarna Otero visitou o pasado día 23 de abril o noso centro para achegarnos á figura de Castelao. Tratou moi especialmente o tema das mullleres na súa obra.

Laura Presas e Patricia Lázara fixéronlle unha entrevistas. Non tardaredes en ter máis información neste mesmo blogue.

22 de abr. de 2015

Panel informativo sobre a paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda

Colocamos á entrada do centro un informativo do Proxecto Antonio Fraguas. Nel explícase mediante un exemplo, que é o que podemos atopar no mapa toponímico elaborado durante este curso. Así, ofrécese un exemplo dun topónimo dun lugar, un hidrotopónimo, outro referido a un penedo, o nome dunha veiga, o dun camiño, e finalmente o das mámoas, castros e petróglifos. Tamén se fai referencia á existencia de vídeos elaborados expresamente para a explicación dalgúns destes topónimos.


8 de abr. de 2015

Centro do Concello de Silleda



Nesta curta, Denise Varela, Sonia Troitiño e Carlos Mato(2º bacharelato) tratamos de explicar o que é o centroide dun polígono e cómo calculamos o do noso concello de Silleda. Podedes votala no concurso Explícoche matemáticas 2.0

Trátase de resolver o problema de atopar o punto central dunha rexión plana de fronteira irregular como a do Concello de Silleda. O caso dos polígonos regulares ou dos rectángulos é ben simple pero a pouco que se complique o polígono increméntase moito a dificultade do problema. O centroide debe poder determinarse a partir das coordenadas dos vértices do polígono. Nós aproximamos a fronteira de Silleda mediante un polígono de 597 lados. Sobre este polígono calculamos o centroide sobre un sistema cartesiano  Para obter as coordenadas xeográficas considramos o centroide como punto de corte de dous segmentos.


Velaí que o punto central do concello de Silleda é unha veiga chamada Pena Vidal, no lugal de Bustelo, na parroquia de Escuadro, apenas a 2700 m do noso centro. Neste mapa pódese ver a súa localización exacta. A quen lle temos que agradecer esta determinación é ao profesor e compañeiro Xoán Carlos Porral, sen o seu coñecemento da topografía silledense seríanos imposible chegar a ela.


1 de abr. de 2015

Unha alumna de portada

Ana Colmeiro Corral, alumna de 1º de bacharelato do noso centro, é a protagonista da portada do boletín de Kalandraka. Parabéns!