1 de xan. de 2014

07. "Vivir cada día" nos anos 70

O blog "Friol:Algo máis que pan e queixo" recupera esta reportaxe emitida pola TVE nun programa chamado "Vivir cada día" no ano 1979. Neste documental podemos ver como era  a vida dunha escolar no Friol de fins dos setenta.
Trátase de que o vexades cos vosos pais e que comentedes o que se ve no documental. Recordan os vosos pais esta etapa tal e como se describe no vídeo? Que comentarios podedes facer sobre o uso da lingua por parte dos distintos protagonistas desta historia?

Ningún comentario:

Publicar un comentario