1 de xan. de 2014

01.Linguas cruzadas

En que idioma fala a mocidade e por que? Perduran os estereotipos? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Este documental afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial, co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entendermos o estado actual da lingua e os retos para o futuro. Dirección: / Mónica Ares / María Yáñez








De seguido presentamos unha unidade didáctica elaborada pola experta en prexuízos lingüísticos Ana Iglesias, da Universidade de Vigo. Estre documento permite traballar na aula o documental Linguas Cruzadas. Estrutúrase en dúas partes: caderno do alumnado e caderno do profesorado. A primeira propón entretidas actividades de reflexión lingüística para o alumnado, destinadas a poñer de relevo – e desmontar posteriormente- estereotipos e prexuízos que dificultan o uso normal da lingua. O caderno do profesorado ofrece información e respostas sobre as actividades suxeridas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario