1 de xan. de 2014

05. A memoria da lingua

20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.



A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.


Algunhas das entrevistas usadas no documental poden verse nos seguintes vídeos,  recollidos na súa maior parte do blogue As candongas do quirombo


A memoria da lingua
O que nos conta Luz Fandiño é a memoria da lingua


Muller e lingua
Os estudos sociolingüísticos hoxe en día seguen amosando que a xente penaliza o falar galego e o acento galego, sobre todo se quen fala é unha muller.Conversamos desta volta, con Goretti Sanmartín.




A lingua na CRTVG
Begoña Caamaño leva 20 anos traballando para o ente público e agora ofrécenos as súas reflexións en torno á radio e á lingua.




A represión lingüística
 Pilar Barral fálanos como sentiu nas súas carnes a presión da sociedade por falar galego



A toma de conciencia dos castelán falantes
Cristina Brión Calo, español falante procedente dun entorno galego falente, consciente da represión xeolingüística que soportaron as súas compañeiras de pupitre e da que ela “se salvou”




“Non sei falar en castelán e tampouco sei escribir en galego”
Dolores Blanco é o exemplo dunha galegofalante que foi escolarizada en castelán alá polos anos 60. Agora, pasado o tempo, fai unha reflexión interesante sobre o coñecemento das lingua, e sobre como chegou ao acceso do galego a través da escolarización das súas crianzas. A situación que viviu Dolores é unha situación que ten en común con moita xente da súa idade.




A problemática de educar ás crianzas en galego
Na entrevista con Pepe Cabido falamos da súa perspectiva como pai. Nela, pon de manifesto a súa preocupación por non poder escolarizar ás súas crianzas en galego no sistema público. A falta de escolas infantís e dunha educación en primaria en galego pon de manifesta a falta de normalidade lingüística no noso país.




O galego na ditadura
Marisa Beiro, unha muller de 67 anos que reflexiona sobre o prestixio da lingua galega nos anos posteriores á guerra civil.





A diglosia na xuventude
Fani é dunha familia galegofalante pero tamén utiliza o castelán en moitas situacións. Unha delas foi a realización do seu traballo de fin de máster. Optou, por escolla propia, por facelo en castelán para poder ter máis difusión no seu eido profesional




"Se cambias de lingua, cambias de vida"
Sechu Sende, profesor e escritor compremetido coa lingua, que como neofalante, pasar a falar galego supuña para el posicionarse como loitador ante as inxustizas dun mundo que non lle gustaba. Así, utilizar o galego vai parello coa defensa da natureza, co feminismo e con todas as inxustizas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario