30 de nov. de 2014

Froitos contra a violecia de xénero


O alumnado do Colmeiro celebrou o pasado 25 de novembro,  escribindo mensaxeses contra a violencia de xénero que se colgaron dunha das árbores que hai na entrada do Centro Social de Silleda. Deste xeito partiparon nun acto contra a violencia de Xénero que se organizaba desde o CIM (Centro de información á Muller).
Tamén se elaboraron carteis que se están autilizar nas titorías de 3º e 4º da ESO para reflexionar sobre os "sinais de alarma" nas relacións de parellas adolescente.
A psicóloga e terapeuta familiar Paula Sánchez xa compartira dúas sesións neste mesmo mes co alumnado do Colmeiro traballando sobre as redes sociais desde a perspectiva de xénero.
Esperamos que os froitos destas actividades teñan a mesma cor dos que deixamos pendurados na árbore do CIM.

27 de nov. de 2014

Encontros con Rosa Aneiros

Esta semana recibimos no noso centro a visita de Rosa Aneiros para falarnos do terceiro volume da triloxía Ámote Leo A. (Terminal de...chegadas?). O alumnado de 2º de Bacharelato, fixo  traballo sobre a traxectoria profesional da escritora.
Nos encontros que os distintos grupos mantiveron con Rosa Aneiros establecéronse interesantes intervencións participada pola autora e os seus lectores. Houbo moitas e interesantes cuestións na que se foron debulllando diversos aspectos da  obra.

25 de nov. de 2014

silledagasalla

Xa desde hai uns días podedes ver polas aulas e os corredores do centro este cartel convocando un par de concursos para colaborar co Concello e ECOS nunha campaña do comercio de Silleda para este nadal. Por un nadal en galego, participla. Temos gorentosos premios

21 de nov. de 2014

Trucs pour apprendre une langue ètrangere!


 Queremos compartir no noso espazo electrónico esta actividade realizada polo alumnado de francés

14 de nov. de 2014

Fórmula de Euler

Teorema de Euler A fórmula de Euler establece que, nun poliedro convexo, o número de caras é igual ao número de aristas máis dous. Chamando C ao número de caras, V ao de vértices e A ao de aristas tense que: 
 C + V = A + 2
 As consecuencias máis importantes do teorema de Euler son:
  • Non pode existir un poliedro convexo con menos de seis aristas, catro caras e catro vértices. 
  • Só existen cinco poliedros convexos cuxas caras sean polígonos de igual número de lados e cuxos ángulos poliedros teñan entre si o mesmo número de aristas e que son: tetraedro, octaedro, icosaedro, hexaedro e dodecaedro. 
  • A suma de todas as caras dun poliedro convexo é igual ao número de vértices que ten menos dous. 
Carla Filloy, 4º B
Carla estivo encargada de mostrar nunha colección de poliedros como se verificaba a fórmula de Euler


13 de nov. de 2014

Topoloxía no Día da Ciencia en Galego




feito por Aroa Espiño e Verónica Granja (4º B)

Aroa Espiño e Verónica Granja participaron no Día da Ciencia en Galego cun crebacabezas topolóxico. Pero... que é iso da topoloxía? Elas foron quen de explicárnolo nesta presentación.



O código binario: o código dos ordenadores

O código binario ou sistema binario é un sistema de numeración posicional no que todas as cantidades se representan utilizando como base o número dous, co que se dispón de dúas cifras: cero e mais un (0 e 1). Os computadores dixitais traballan internamente con dous niveis de voltaxe/carga, polo que o seu sistema de numeración natural é o sistema binario (aceso/ apagado). Con efecto, nun sistema simple como este é posible simplificar o cálculo, co auxilio da lóxica booleana. En computación, chámaselle bit a un díxito binario (0 ou 1).

 Operacións con binarios
 • Conversión binario a decimal:
 Dado un número N, binario, unha forma de convertelo en decimal é aplicar o teorema xeral da numeración posicional, e así escribir cada número que o compón (bit), multiplicado pola base do sistema (base = 2), elevado á posición que ocupa. Exemplo: 
1001 (binario)
$$1\cdot { 2 }^{ 3 }+0\cdot { 2 }^{ 2 }+0\cdot { 2 }^{ 1 }+1\cdot { 2 }^{ 0 }=8+0+0+1=9$$
Polo tanto, 1001 (en binario) é 9 (en decimal).

 • Decimal a binario: 
Dado un número decimal, para convertelo en binario, basta dividilo sucesivamente por 2, anotando o resto da división enteira: 12 (decimal)
$$\frac { 12 }{ 2 } =6+0$$
$$\frac { 6 }{ 2 } =3+0$$
$$\frac { 3 }{ 2 } =1+1$$
$$\frac { 1 }{ 2 } =0+1$$
Agora basta ler os restos de abaixo para arriba: 1100 (en binario) será o 12 (en decimal)

 • Suma de números binarios: Recordando as seguintes sumas básicas:
 0+0=0 
0+1=1 
1+1=10
Así, sumar $$\begin{matrix} 100110101 \\ +\underline { 11010101 }  \\ 1000001010 \end{matrix}$$
 Opérase como en decimal: comezase a sumar desde a dereita, no exemplo, 1+1=10, entón escríbese 0 e "levase" 1. Súmase este 1 á columna seguinte: 1+0+0=1, e séguese ata terminar todas as columnas (exactamente como en decimal).
 • Resta de números binarios: No sistema numeral orixinal, faise exactamente igual que en decimal: 
 $$\begin{matrix} 100110101 \\ \underline { -11010101 }  \\ \quad \quad 1100000 \end{matrix}$$
 Nos ordenadores, faise un método especial de suma por complemento a dous.

 Carla Filloy, 4º B
Carla participou nos obradoiros do Día da Ciencia en Galego co xogo de Nim. Non vos imos contar cal é a relación deste xogo cos números binarios. Procurádeo na rede pois pode facervos gañar as partidas deste xogo.




 

12 de nov. de 2014

O teorema de Pitágoras no Día da Ciencia en Galego

O teorema de Pitágoras establece que en todo triángulo rectángulo, o cadrado da hipotenusa (o lado de maior lonxitude do triángulo rectángulo) é igual a suma dos cadrados dos catetos (os dous lados menores do triángulo, os que conforman o ángulo recto. En todo triángulo rectángulo o cadrado da hipotenusa é igual a suma dos cadrados dos catetos. Si un triángulo rectángulo ten catetos de lonxitudes a e b, e a medida da hipotenusa é c, establécese que :
$${ c }^{ 2 }={ a }^{ 2 }+{ b }^{ 2 }$$
 Da ecuación anterior dedúcense fácilmente 3 coralarios de aplicación práctica: 
$$a=\sqrt { { c }^{ 2 }-{ b }^{ 2 } } $$     $$b=\sqrt { { c }^{ 2 }-{ a }^{ 2 } } $$     $$c=\sqrt { { a }^{ 2 }+{ b }^{ 2 } } $$




por   Zaira Eiriz e Milagros Rozas (4ºB)

Zaira e Milagros foron as encargadas de traballar co crebacabezas do Teorema de Pitágoras na Xornada da Ciencia en Galego que vivimos no centro:


10 de nov. de 2014

Pescudando na orixes da materia, o bosón de Higgs no CERN

No marco do Día da Ciencia en galego o profesor Cibrán Santamarina, galegofalante, investigador da USC e colaborador no experimento que atopou bosón de Higgs no CERN virá o mércores 12 a dar unha charla ao noso centro. Todo un privilexio!
Participou no que quizais é un dos principais descubrimentos científicos dos últimos 30 anos e que abre portas a un coñecemento máis profundo da natureza e virá explicarnolo: "Pescudando na orixes da materia, o bosón de Higgs no CERN"
Santamarina foi un dos autores do manifesto que no ano 2009 que, estando traballando no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), se indignaron coas pretensións e excluir o galego do ensino das ciencias. O que reclamaban os nove asinantes do manifesto era:
reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa  
Non sobra insistir en que hoxe o ensino das ciencias en galego está prohibido polo decreto 79/2010, chamado cínicamente, do plurilingüismo.

9 de nov. de 2014

A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)


A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego) from Manuel Caeiro Rodríguez

Presentación que serviu como base da vídeoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de ENDL para festexar o Día da Ciencia en Galego e na que participaron 4600 alumnos de 77 centros de toda Galicia, entre eles o alumnado de 1º de bacharelato do IES Pintor Colmeiro
 

7 de nov. de 2014

Plumas, martelos, bólas e plumas en caída libre

Primeiro a pregunta:
Que caerá antes se soltas un martelo e unha pluma ao mesmo tempo na Lúa? Neste vídeo tes a resposta.



Despois o cuestionario ao alumnado do centro
Entón fixemos o experimento cun balón medicinal e unha pelota de tenis:


E seguindo a nosa estela parece que lles meteu cobiza aos da NASA repetir o experimento, aquí no noso planeta.
O físico Brian Cox é o condutor dun programa de divulgación científica na BBC. Quixo comprobar que dous obxectos en ausencia de resistencia atmosférica caería a un tempo. Para iso trasladouse á cámara de simulación espacial da NASA situado no Space Power Facility, en Ohio, cun volume de 22.653 metros cúbicos  é a maior cámara de baleiro no mundo.  Despois de extraer todo o aire da cámara deixaron caer a un tempo unha pluma en unha bóla dunha boleira. Velaquí o experimento que sería a delicia de xigantes da ciencia como Galileo ou Newton.

Qué están mirando?


Preme na imaxe e verás o que está mirando toda esta xente durante as actividades do #DíaDaCienciaEnGalego.
Para que digan que a ciencia non é divertida!
Na seguinte entrada explicaremos con vagar o experimento.

Día da Ciencia en Galego 2014. Fotos


Premendo na imaxe accederás a unha colección de fotos nas que podes observar como se desenvolveron os obradoiros do Día da Ciencia en Galego 2014.
Unha xornada chea de actividades para reivindicar o dereito ao uso do galego en todas as aulas, especialmente nas de ciencias, onde están prohibidas desde a publicación do decreto para o plurilingüismo.

6 de nov. de 2014

Cada sitio polo seu nome

No Faro de Vigo recollen a noticia do traballo de recollida de toponimia e lendas do concello de Silleda. Recolle o chamamento que facemos desde o ENDL para a participación activa dos veciños da localidade neste proxecto.
por Salomé Soutelo, no Faro de Vigo:


Traballo de campo, e nunca mellor dito. O Equipo de Dinamización Lingüística, os docentes do Departamento de Lingua Galega e os 250 alumnos de Secundaria e Bacharelato do instituto Pintor Colmeiro desenvolven neste curso a recollida da microtoponimia do municipio, despois de gañar o IX Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que convoca Fundación do mesmo nome e o Museo do Pobo Galego. En internet xa poden verse os primeiros resultados.

O matemático Rodríguez, manuscrito de Ramón Mª Aller

Otra vez da man de Cecilia Doporto, moi interesade en divulgar a obra de Ramón Mª Aller, chéganos o orixinal manuscrito da biografía que éste escribira sobre o matemático de Bermés.
Portada da biografía do matemático de Bermés
Primeira páxina da biografía do matemático de Bermés

Presentación do matemático Rodríguez


por Irene Míguez Caramés (2º Bacharelato)

5 de nov. de 2014

O escultor do matemático Rodríguez

O matemático Rodríguez
 en Bermés
Félix Gil Gil, nacido en Bermés na casa colindante da do matemático Rodríguez, é un meu tío canteiro. E así como é canteiro tamén é artista. Contabilízanse por ducias as esculturas espalladas tanto por Galicia como por fóra que son da súa autoría.
Entre os traballos que podemos achar polas proximidades, ademais da restauración de diversas figuras para xardíns e escudos heráldicos, atoparemos algunhas pezas do Pazo de Oca. Tamén colaborou na restauración do Coro Pétreo románico da Catedral de Santiago, que non é pouca cousa.
Por fóra Galicia, entre outros poderíamos destacar que pasaron polas súas mans uns escudos heraldicos para o Palacio de Pilatos de Sevilla.





A escultura do matemático Rodríguez.
Base da escultura do 
matemático Rodríguez
Esta escultura foi encargada pola propia familia do Matemático a Felix Gil Gil. Nela faise unha breve representación de ilustracións
Varela Buxán
 relacionadas coa sua vida.  Como o matemático de Bermés fixo estudos de xeoloxía engadíronselle unhas piquetas. Rodríguez completou os seus coñecementos en Mineraloxía e coñeceu ao abade René J. Haüy (1743-1822), o pai da Cristalografía moderna. A este científico uniuno unha forte amizade persoal e mostra disto é a colección de 1.024 modelos cristalográficos catalogados e ordenados coa que o científico francés agasallou ao matemático galego. Esta colección pódese ver agora no Museo de Historia Natural da USC. Como foi nomeado director do Observatorio Astronómico e profesor de Astronomía do Museo de Ciencias Naturais de Madrid, o escultor decidiu esculpir unha cúpula dun observatorio astronómico. O seu labor na físico e nas matemáticas está indicado con instrumentos de medida como o compás. 
Para o que vén sendo o busto do ilustre, inspirouse en fotos antigas del propiedade da familia.
Félix Gil fixo traballou tamén esculpindo figuras doutros personaxes ilustres entre os que podemos destacar o  de Varela Buxán (escritor e director teatral galego)  que se atopa no Colexio de Cercio. En   Prado atopamos outra que lle adicou a Joaquín Loriga (que foi un aviador e militar galego, nado en Prado, que levou a cabo, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, o voo Madrid-Manila da Escuadrilla Elcano.)

Isidro Gil Pallarés (2º Bach)

4 de nov. de 2014

Quen foi Alan Turing?

Como a vídeoconferencia deste ano organizada pola CGENDL trata sobre a computación, unha alumna, Alba Moreira, fixo esta aportación para que coñecéramos mellor a figura do precursor da informática, Alan Turing:


Alan Mathison Turing, Londres, 1912 - 1954. Matemático, filósofo, lóxico, criptógrafo e cientifico da computación. Considerado  precursor da informática moderna. Proporcionou unha influinte formalización dos conceptos de algoritmo e computación.

A Universidade e os seus estudos de computibilidade
Turing tivo que ingresar nunha escola iniversitaria King´s Collegue, Universidade de Cambrige.
Reciviu as ensinanzas de Godfrey Harold Hardy, un respetado matemático. Posteriormente foi responsable dun centro de estudos e investigacións matemáticas. Turing foi nomeado profesor do King´s College

Solución ao problema da decisión
Se pensamos en programas informáticos simples podemos imaxinar un que nos sume dous números. Ese programa finalizará unha vez realizada a suma. Pero hai programas que nunca teñen final: aquel que nos escribe todos os números naturais, por exemplo: 1, 2, 3, 4, 5,....
O Entcheidungsproblem foi un reto consistente en atopar un algoritmo xeral (unha receta) que permitira decidir sobre calquera programa se ao final se pararía ou non.
Alonzo Church e Alan Turing demostraron que é imposible que tal algoritmo exista.

Teses Church-Turing
Esta tese formula hipoteticamente a equivalencia entre os conceptos da función computable e a máquina de Turing. "Todo tipo de algoritmo é equivalente a unha máquina de Turing".Isto significaría, por exemplo, que calquera computadora actual, ou futura,  que seguise unha serie de indicacións (programas) sería unha máquina de Turing.

A máquina de Turing
Turing reformulou os resultados obtidos por Kürt Gödel sobre os límites da demostrabilidade e a computación. Hoxe coñécese como a máquina de Turing a un apato que sería capaz de implementar calquera problema matemático que poidera representarse mediante un algoritmo. Chegou a probar que non había ningunha solución para o problema de decisión Entscheidungsproblem.
Tamén foi pioneiro co seu concepto de "Máquina Universal" coa tese de que dita máquina podería realizar as mesmas tarefas que calquera outro tipo de máquina. Esencialmente o prototipo teórico de "Máquina Universal" non é outra cousa que unha computadora.


Coa seguinte aplicación podemos xogar cunha máquina de Turing virtual

Rompendo o código de Enigma
Durante a segunda guerra mundial foi un dos principais artífices dos traballos do Bletchley Park para descifrar os códigos secretos nazis. Éstes empregaban unha máquina para codificar as mensaxes. Era a Enigma. Aquí podemos consultar o funcionamento nunha aplicación virtual desta máquina.
Para romper os códigos da máquina Enigma e permitir aos aliados anticipar os ataques e movementos militares nazis Turing deseñou a Bomba, unha máquina electromecánica que se utilizaba para eliminar unha gran cantidade de claves enigma candidatas. Era a ferramenta principal que usaban os criptógrafos aliados para ler as transmisións de Enigma.
Os seus estudios da máquina Enigma axudarían ao desenvolvemento posterior da primeira computadora programable electrónica dixital chamada Colossus.


Estudo sobre os primeiros computadores e o test de Turing
Turing traballou no NPL Laboratorio Nacional de Física no deseño do ACE presentou un estudo que se convertiría no primeiro deseño detallado dun computador automático.
Foi nomeado director delegado do laboratorio de computación da Universidade de Manchester e traballou no software de unha das primeiras computadoras reais, a Manchester Mark I.
Turing tratou tamén o problema da intelixencia artificial e propuxo un experimento que hoxe se coñece como o Test de Turing, que é unha proba que propuxo buscando unha maneira de demostrar a existencia de intelixencia nunha máquina.

Alba Moreira Suárez (2º Bach)

Cartel de Xosé Rodríguez González. Día da Ciencia 2014


Para reivindicar o dereito a aprender en galego todos os anos desde os ENDLs do IES Pintor Colmeiro (Silleda) e do IES Chano Piñeiro (Forcarei) elaboramos carteis para divulgar a biografía de grandes científicos tanto a nivel mundial como galego.
Neste caso destacamos a figura de Xosé Rodríguez González (1770-1824), ao que Ramón Mª Aller lle dou o título de matemático de Bermés, a parroquia de Lalín da que era orixinario

Cartel elaborado en colaboración co ENDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei)

Cartel de Isaac Newton. Día da ciencia en galego 2014

Para reivindicar o dereito a aprender en galego todos os anos desde os ENDLs do IES Pintor Colmeiro (Silleda) e do IES Chano Piñeiro (Forcarei) elaboramos carteis para divulgar a biografía de grandes científicos tanto a nivel mundial como galego. Neste caso destacamos a Isaac Newton (1642-1727), una figura que non necesita máis presentación

2 de nov. de 2014

Actividades nas Xornadas da Ciencia en Galego

 
Un ano máis participaremos activamente na convocatoria do Día da Ciencia en Galego. A celebración destas xornadas son unha proposta xurdida do encontro para o profesorado celebrado o 18/06/2010 no Museo do Pobo Galego co fin de denunciar a exclusión do galego das aulas de ciencia e tecnoloxía.
Durante esta semana teremos realizaranse estas actividades:
  • Exposición de carteis dos científicos homenaxeados nas xornadas da Ciencia en Galego nos últimos anos.
  • Proxección do documental subitiulado en galego "Marabillas do mundo" ao alumnado de 1º e 2º da ESO.
  • Mércores 5, das 12:00 ás 13:00 o alumnado de 1º de bacharelato asistirá á vídeoconferencia organizada pola CEGNDL titulada "A ciencia da programación de ordenadores". Será impartida polo doutor de Enxeñería da Telecomunicación da Universidade de Vigo, Manuel Caeiro. Está previsto que 100 centros de ensino de toda Galicia se apunten a esta actividade.
  • Mércores 5, nos dous recreos, exposición de obradoiros científicos na entrada do centro.

1 de nov. de 2014

Receitas de outono

Velaquí unha recompilación das receitas de cociña deste tempo que polo que parece non tardará en ser de outono. Castañas, cabazos, coello, noces, ...