19 de xuño de 2014

Constelación de palabras



Silleda e Forcarei son dous concellos limítrofes. As vilas distan entre si 15 km en liña recta e entre Pazos e Cerdedo hai 26 km. Unha distancia ben pequena! Porén, a riqueza semántica da nosa lingua é tal que xa en algo tan esencial para o noso agro como os apeiros de labranza atopamos diferenzas. E que dicir das partes do carro!
O alumnado de 3º ESO-B do IES Pintor Colmeiro de Silleda e o de 4º da ESO do IES Chano Piñeiro andou a pescudar estes nomes. E David Cabaleiro aínda chegou máis alá, dándonos a base do traballo que vos amosamos; música e presentación serviron de puntos de partida para este vídeo que ilumina o que nunca debemos perder: a nosa lingua.
De agasallo, cos apeiros vai asemade unha choiva de palabras molladas, un son característico de noso que agardamos o cambio climático non nos roube.

Ningún comentario:

Publicar un comentario