2 de abr. de 2013

En Silleda gústanos o galego.1

O venres 22, grazas á Concellaría de Cultura e Educación pasaron os de Gústame o galego polo insituto e fixéronos unha chea de fotos, velaquí as primeiras.
 A Rita, Raquel, Rebeca e Nerea gústalles que uses a súa lingua para pedirlles que confíen en ti, tamén que intentes falar galego aínda que che custe un pouquiño








 A Javier gústalle que che guste a súa lingua!











 
A Matías gústalle poder entenderse en galego con máis de 200 millóns de persoas











A Andrés e Antía gústalles que os bonecos falen galego.










A Alberto, Román, Samuel e Diego gústalles que as mates, a ciencia, a tecnoloxía... sexan en galego










A María, Irene, Leticia e Rocío gústalles soñar en galego e tamén lles presta, tira, chama, agrada, chista... o galego





Ningún comentario:

Publicar un comentario