26 de xuño de 2012

Intercambio postal e lingüístico co CPI Atios de Valdoviño

O alumnado de segundo ciclo da ESO participou nunha actividade de intercambio lingüístico con compañeiros e compañeiras do CPI Atios de Valdoviño. A actividade, coordianda polas profesoras Lidia Fernández e Susana Rodríguez, consistiu nun intercambio de correo postal entre os grupos dos dous centros (dúas cartas por avaliación) que serviu para incentivar a función e o uso da lingua escrita nun medio pouco común na actualidade e que supuxo non só un contacto persoal senón tamén un xeito de coñecer a realidade lingüística doutros lugares de Galicia, neste caso ademais cunha diferenza xeográfica importante.


Posteriormente, o xoves día 21 de xuño, realizouse un encontro co CPI Atios durante unha xornada completa. Pola mañá asistiron a un concerto de varios grupos de alumnos da comarca de Ferrol, entre os que estaban algúns do CPI referido que participaran directamente no intercambio epistolar. O mediodía e a tarde pasárona na contorna natural das Fragas do Eume. 


20 de xuño de 2012

Os nosos nomes. As mulleres.


María, Carmen ou María del Carmen son os nomes máis frecuentes entre as mulleres do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE). Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os nomes menos frecuentes non están contabilizados.

Comprobamos o que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a castelanización dos nomes, que non é máis que unha forma de perda de identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Por iso, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome, información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a galega.








19 de xuño de 2012

Os nosos nomes. Os homes

Manuel, José ou Antonio son os nomes máis frecuentes entre as mulleres do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE). Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os nomes menos frecuentes non están contabilizados.

Comprobamos o que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a castelanización dos nomes, que non é máis que unha forma de perda de identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Por iso, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome, información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a galega.

18 de xuño de 2012

Os nosos apelidos

Como complemento ao excelente traballo que as alumnas Laura Ferández Suárez e Beatriz González Fernández realizaran sobre toponimia, engadiremos neste blogue información sobre os nomes e apelidos máis habituais no noso entorno.
González, Fernández ou García son os nomes máis frecuentes da poboación do concello de Silleda. Así nolo confirma o Instituto Galego de Estatística (IGE). Ao consultar a táboa cómpre ter en conta que na columna da dereita aprecen os tantos por mil, non os tantos por cen. Os apelidos menos frecuentes non están contabilizados.


Comprobamos o que non é unha tendencia exclusiva de Silleda, senón de toda Galicia, a castelanización dalgúns apelidos, que non é máis que unha forma de perda de identidade, e en definitiva de tradición e cultura. Unha forma de conservar o noso patrimonio é transmitindo os nosos apelidos ás futuras xeneracións. Como agora é posible determinar a orde dos apelidos podemos contribuir á permanencia dos que precisamente non aparecen nesta táboa,
Por iso, desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística invitámosvos a visitar estes dous espazos da rede:
Chámate con xeito, é unha simpática campaña promovida pola Universidade de Vigo que ten como obxectivo a sensibilización do patrimonio onomástico: nomes e apelidos.
Galeguizar o nome, información da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre como cambiar o nome á forma galega e restaurar o apelido á auténtica forma, a galega.

15 de xuño de 2012

O Frisón, lingua minoritaria en Holanda

-->
No mundo existen territorios monolingües e plurilingües. Nos monolingües, como ben indica a propia palabra, só se fala unha lingua e nos plurilingües pódense falar varias. Nestes últimos territorios, ao convivir varias linguas poden padecer situacións de dominación e correr o perigo de desaparecer. Unha das situacións que pode ocorrer é que unha das linguas sexa a dominante, é dicir, que disfrute de prestixio social e poder económico; mentres que a outra é a chamada lingua minorizada, a que se lle privan os seus usos e funcións. Tamén podemos clasificar as linguas en minoritarias e maioritarias segundo o seu número de falantes.
Pois ben, neste traballo imos centrarnos nas linguas minorizadas, concretamente nun exemplo. Como xa dixen antes, as linguas minorizadas eran aquelas que sufrían marxinación debido ao dominio doutra lingua no mesmo territorio. Un dos seus exemplos é o frisón, unha lingua falada no norte de Europa.
As linguas frisonas son un conxunto de variedades lingüísticas que están relacionadas coas linguas xermanas. Son faladas por cerca de 500.000 persoas que viven entre o Mar do Norte, os Países Baixos e Alemaña; aínda que a maioría dos falantes son dos Países Baixos. Estas linguas teñen similutes co alemán, co holandés e co danés. Dentro delas pódense distinguir tres tipos: West Frisian, Saterland Frisian e North Frisian.

-->Xa que tivemos o pracer de contar este ano coa colaboración nas clases de inglés e música dunha persoa de nacionalidade holandesa, que non só domina a súa lingua maioritaria así coma o inglés e o alemán, senón que tamén coñece a lingua minoritaria do seu pais natal, aproveitamos para facerlle unhas preguntas acerca do Frisón e obter  información de primeira man.



-->
Hello Christa, are there any minority languages in Holland?
Ola. Si, si que hai, é o frisón. Aínda que nos tamén temos outra lingua chamada Nedersaksisch.
Is it considered a dialect from Dutch or a different language?
É unha lingua e tamén ten dialectos. A pesar de ser unha lingua distinta do holandés parécese moito aos seus dialectos.
In which part of your country is it spoken?
Fálase no norte de Holanda.
How many people speak Frisian in the Netherlands?
Máis ou menos sobre 440.000 persoas, aínda que os habitantes do norte de Holanda tamén falan outra lingua ademais do frisón.
Is it an official language or it is only spoken at home or with friends?
Si, é oficial.
Do you live in the part of the country where Frisian is spoken?
Non, pero si nacín alí.
If you was born there, can you speak this language?
Eu non a falo pero si a falan os meus pais.
Is it a difficult language? Is it very different from Dutch?
Non é unha lingua difícil para alguén que si a coñeza, para alguén que non si.
Are there any problems to speak Frisian in public places?
Non, ti podes falala pola rúa sen problema que ninguén che vai dicir nada.
Is it learned at schools as a subject?
Si, os rapaces pódena escoller, é unha materia optativa.
Are there any famous writers?
Non che podo contestar á pregunta porque realmente non o sei.
Here, in Galicia, we have some problems because Galician is not considered an important language. What do you think about that?
Na mina opinión, eu penso que unha lingua representa e é parte da cultura dun lugar polo que se debería respetar como tal.

Por Beatriz González Fernández



8 de xuño de 2012

E os gañadores dos lemas do Correlingua 2012 son...

Dá un paso adiante e di: son galego!
Por: David Cabaleiro Otero, Silvia Escuredo Ramos, Kevin David Benítez e Marta Campelo Camarero


Pensa, sente e fala en galego
Por: Alberto Tato Cercia, Tania Filloy Rios, Eva Blanco Cuíña, Mercedes Calero e Alejandro Tato


Se queres falar galego, adiante, non teñas medo
Por: Juan Ares Pérez, Sergio Calviño Rozados, Mª Eugenia Gil Pallarres e Camen Blanco Cuíña


Multiplicade o galego
Por: David Granja, Alejandro González e Ramón Rodríguez

4 de xuño de 2012

Comercio de Silleda "Aquí atendemos en galego"

Os alumnos e alumnas do Ciclo de Comercio, coordinados polos seus profesores, realizaron durante o mes de maio unhas xornadas de escaparatismo en distintos comercios da vila de Silleda.
Aproveitaron a ocasión para colocar nas portas e nos escaparates dos comercios o cartel que se deseñara ao longo do primeiro trimestre co lema Aquí atendemos en galego