22 de dec. de 2011

1000 visitas ás presentacións

Acabamos de recibir no correo que na nosa canle de presentacións xa levamos máis de 1000 visitas.
Se aínda che falta algunha por mirar, pégalles un repaso a todas.

21 de dec. de 2011

Boletín 1

É unha publicación modesta, pero coas túas achegas seguro que medrará. Vai aquí a edición dixital do noso boletín que estivemos repartindo onte polas aulas.
Tamén temos os carteis "Aquí atendendemos en galego" tal e como podedes ver na foto.
Volvemos a desexarvos a todos que teñades unhas boas vacacións... e descansade para a segunda avaliación.
Grazas a todos os que coláboráchedes ata o momento. Animámosvos a que nos deades a vosa opinión premendo no apartado dos comentarios das mensaxes do blogue. Ata xaneiro.

18 de dec. de 2011

A nosa felicitación máis especial

Por fin a nosa felicitación máis especial. Trátase dunha postal-presentación realizada por María Eugenia Gil Pallares, Carla Filloy Cangas e Mª Ángeles González Riol.
Con ela queremosvos felicitar estas festas. A gozar das vacacións!

Felicidades para o 2012

7 de dec. de 2011

Violencia de xénero. Entrevista a Ofelia Lema Villar

O pasado 23 de novembro estivo no noso centro a estudante de último curso de criminoloxía da USC Ofelia Lema Villar impartindo unha conferencia sobre a violecicia de xénero. Ao remate fixémoslle unha entrevista. Ben, quen lle fixo a entrevista foron as alumnas de 4ºA Claudia García González, Ánxela Llinares Taboada e Paula Gamallo Carballude.



3 de dec. de 2011

Logo do EDL

Xa o vedes, o logo do Equipo, escollido entre todas as colaboracións presentadas no mes pasado. Obra de Carla Filloy Cangas (1º ESO)

2 de dec. de 2011

Atendemos en galego



Cartaz gañador do concurso promovido polo Equipo para unha das nosas iniciativas: a campaña "Aquí atendemos en galego"
Obra de Cristina Cabaleiro Otero (3º ESO)

1 de dec. de 2011

Samaín no Pintor Colmeiro

O pasado 3 de novembro celebrouse no Colmeiro o Samaín, unha tradición galega, que tamén se celebra nos Estados Unidos.
O “noso”Samaín e unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de todos os Santos. A noite do 31 de Outubro comezaba o aninovo celta, remataba o verán e entraba o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesaban as porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. Durante este período non se podía saír do pobo, pois as ánimas volvían visitar as súas familias para quentarse a carón do lume e comer alimentos. Nesas horas podíase tocar, palpar e ata traspasar ao mundo dos mortos.

Nesta última edición da nosa particular celebración participaron quince rapaces de diferentes cursos e houbo distintas e orixinais cabazas nas que se vía un gran traballo e esforzo dos participantes. O xurado, composto por profesores/as, entre eles Christa (a nosa nova e simpática profesora de conversa en inglés), tívoo moi dificil para elexir as cabazas gañadoras.Os premios eran:
-A cabaza máis traballada
-A cabaza máis orixinal
Tras un debate entre os compoñentes do xurado, dada a calidade dos traballos presentados, os  gañadores foron Andrés Seoane Pena e Sonia Troitiño Loureiro, ambos perteñecentes ao grupo de 3ºA.


Christa tivo a amabilidade de contestarnos dun xeito simpático (coma sempre) e divertido a unhas preguntas:

    -Gústache o Samaín?
Si,gústame moito, pero non o coñezo moi ben
     -Gustouche o Samaín celebrado no Instituto?
Si, pero había moi poucas cousas. Eu prefería que houbera concurso de disfraces, e xogos de Samaín
      -Que foi o que máis che gustou?
Que houbera nenos que participasen e fixesen cabazas tan orixinais.
      -Samaín ou Halloween?
Creo que Halloween, porque hai máis actividades como pedir TRUCO OU TRATO!
       -Como se celebra esta festividade nas escolas holandesas?
Non se celebra nin nas escolas nin nas rúas, por iso non o coñezo ben.
       -Gustouche ser xurado?
Si, sentinme moi especial, e unha responsabilidade moi grande. É moi dificil a decisión porque todas estaban moi ben feitas
       -Que opinas sobre os agasallos que se deron?
Creo que estiveron ben pero a diferenza dos agasallos entre os que gañaron e dos que só participaron foi moi pequena
       -Que ideas tes para o próximo Samaín ?
Disfrazarse, facer xogos e comer comidas típicas destas datas e, se é posible, ter ese día festivo para poder facer todo isto.


Andrés Seoane (3º ESO – A)
Sonia Troitiño (3º ESO – A)

Ana Rivas (3º ESO-A)